Nokia 5233 - Supervisión de todos os eventos de comunicación

background image

Supervisión de todos os eventos de comunicación

Seleccione Menú > Rexistro.
Para abrir o rexistro xeral, no que se poden supervisar todas as chamadas de voz,

mensaxes de texto ou conexións de datos rexistradas polo dispositivo, seleccione

a ficha de rexistro xeral

. Os eventos secundarios, como unha mensaxe de

texto enviada en varios fragmentos e as conexións de paquetes de datos,

rexístranse como un evento de comunicación. As conexións coa caixa de correo, co

centro de mensaxes multimedia ou con páxinas web amósanse como conexións de

paquetes de datos.
Para ver cantos datos se transferiron e canto durou unha conexión de paquetes de

datos determinada, desprácese ata un evento entrante ou saínte indicado mediante

GPRS e seleccione Opcións > Ver.
Para copiar un número de teléfono desde o rexistro ao portapapeis e pegalo nunha

mensaxe de texto, por exemplo, seleccione Opcións > Utilizar número >

Copiar.
Para filtrar o rexistro, seleccione Opcións > Filtrar e un filtro.
Para axustar a duración do rexistro, seleccione Opcións > Axustes > Duración

do rexistro. Se selecciona Ningún rexistro, eliminaranse permanentemente

tódolos contidos do rexistro, o rexistro de últimas chamadas e os informes de

entrega de mensaxería.

5. Escribir texto

É posible inserir letras, números e caracteres especiais de xeitos distintos. Os

teclados en pantalla permítenlle inserir caracteres tocando neles co estilete ou cos

dedos. O recoñecemento de escritura manual permítelle escribir caracteres

directamente na pantalla empregando o estilete como un bolígrafo. O

recoñecemento de escritura a man pode non estar dispoñible en todos os idiomas.
Toque en calquera campo de entrada de texto para inserir letras, números e

caracteres especiais.