
Marcación rápida dun número de teléfono
Para activar a marcación rápida, seleccione Menú > Axustes e Chamando >
Chamada > Marcación rápida.
1. Para asignar un número de teléfono a unha das teclas numéricas, seleccione
Menú > Axustes e Chamando > Marcación rápida.
2. Vaia ata a tecla á que desexa asignar o número de teléfono e seleccione
Opcións > Asignar.
A tecla 1 está reservada para a caixa de correo de voz.
Para realizar chamadas dende a pantalla de inicio, seleccione Teléfono e a tecla
asignada e, a continuación, prema a tecla Chamar.
Para realizar chamadas dende a pantalla de inicio cando a marcación rápida está
activada, seleccione Teléfono, e manteña seleccionada a tecla asignada.