Chamadas
1. Na pantalla de inicio, seleccione Teléfono para abrir o teclado de marcación e
insira o número de teléfono, incluído o prefixo. Para eliminar un número,
seleccione
.
Nas chamadas internacionais, seleccione * dúas veces para inserir o carácter +
(que substitúe ao código de acceso internacional) e insira o prefixo do país, o
prefixo de área (omita o primeiro cero se fora necesario) e o número de teléfono.
2. Para realizar a chamada, prema a tecla Chamar.
3. Para finalizar a chamada (ou para cancelar o intento de chamada), prema a tecla
Fin.
Se preme a tecla Fin, sempre se finalizará a chamada, mesmo se outra aplicación
se atopa activa.
Para realizar unha chamada desde a lista de contactos, seleccione Menú >
Axenda. Vaia ao nome desexado. Tamén pode seleccionar o campo de busca, inserir
as primeiras letras ou caracteres do nome e desprazarse ata el. Para chamar ao
contacto, prema a tecla de chamada. Se gardou varios números para un contacto,
seleccione o número desexado da lista e prema a tecla Chamar.