das 24 horas seguintes, desprácese ata o perfil, seleccione Opcións >
Temporizado e estableza a hora. Cando se supera a hora establecida, o perfil
cambia ao perfil activo anterior non programado. Cando se programa un perfil,
amósase na pantalla de inicio. O perfil Fóra de liña non se pode programar.
Para crear un perfil novo, seleccione Opcións > Crear novo.
9. Música
Reprodutor de música
O reprodutor de música admite os formatos de ficheiro seguintes: AAC, AAC+, eAAC
+, MP3 e WMA. O reprodutor de música non admite necesariamente tódalas funcións
dun formato de ficheiro nin tódalas variacións dos formatos de ficheiro.
Tamén pode utilizar o reprodutor de música para escoitar podcasts. Podcasting é
un método para enviar contido de son ou vídeo pola Internet usando as tecnoloxías
RSS ou Atom para a reprodución nos dispositivos móbiles e nos ordenadores.
Reprodución dunha canción ou un podcast
Seleccione Menú > Música > Rep. música.
1. Seleccione categorías para navegar ata a canción ou podcast que desexe
escoitar.
2. Para reproducir un elemento, seleccióneo na lista.
É posible que teña que actualizar a música e as bibliotecas de podcast despois de
actualizar a selección de cancións ou podcasts no dispositivo. Para engadir todos
os elementos dispoñibles á biblioteca, seleccione Opcións > Actualizar
biblioteca.