Espertador
Seleccione Menú > Aplicacións > Reloxo.
Para fixar unha alarma nova, seleccione Nova alarma. Axuste a hora da alarma.
Seleccione Repetir para axustar se desexa que se repita a alarma e, en tal caso, a
que hora, e seleccione Feito.
Para ver as alarmas activas e inactivas, seleccione Alarmas. Cando a alarma estea
activa, amosarase . Cando a alarma se repita, amosarase .
Para eliminar unha alarma, seleccione Alarmas, desprácese ata ela e seleccione
Opcións > Eliminar alarma.
Para desactivar a alarma cando chega a súa hora, seleccione Deter. Para repetir a
alarma, seleccione Repetir. Se o seu dispositivo se atopa apagado cando chega a
hora dunha alarma, acenderase e comezará a soar o ton da alarma.
Para definir o tempo de repetición da alarma, seleccione Opcións > Axustes >
Tempo repetición alarma.
Para cambiar o ton da alarma, seleccione Opcións > Axustes > Ton alarma
reloxo.