Copiar contactos ou imaxes do seu dispositivo
anterior
Desexa copiar información importante do seu dispositivo Nokia compatible anterior
e comezar a utilizar o seu novo dispositivo rapidamente? Utilice a aplicación Cambio
datos para copiar, por exemplo, contactos, entradas de calendario e imaxes ao seu
novo dispositivo de xeito gratuíto.
Seleccione Menú > Aplicacións > Config. do tf. e Transfer. datos.
Se o seu dispositivo Nokia anterior non dispón da
aplicación Cambio datos, o seu novo dispositivo
enviaralla nunha mensaxe. Abra a mensaxe no
dispositivo anterior e siga as instrucións.
1. Seleccione o dispositivo ao que desexa conectarse
e vincule os dispositivos. Cómpre activar o
Bluetooth.
2. Se o outro dispositivo necesita un código,
introdúzao. O código, que pode definir vostede
mesmo, debe introducirse nos dous dispositivos.
O código nalgúns dispositivos é fixo. Para obter
máis información, consulte a guía de usuario do
dispositivo.
O código só é válido para a conexión actual.
3. Seleccione o contido e Aceptar.