
Control do volume e do altofalante
Para axustar o nivel do volume durante unha chamada activa ou cando estea a
escoitar un clip de son, utilice a tecla de volume.
O altofalante incorporado permítelle falar e escoitar desde pouca distancia sen
ter que manter o dispositivo preto do seu oído.
Para utilizar o altofalante durante unha chamada, seleccione Altofalante.
Para desactivar o altofalante, seleccione Activar teléfono.