Bloqueo remoto
Para evitar o uso non autorizado do seu dispositivo, pode bloquealo de xeito remoto
xunto coa tarxeta de memoria por medio dunha mensaxe de texto. Deberá definir
a mensaxe de texto e enviala ao teléfono para bloquealo. Para desbloquear o
dispositivo, necesitará o código de bloqueo.
Para activar o bloqueo remoto e definir o contido da mensaxe de texto que se vai
empregar, seleccione Menú > Axustese Teléfono > Xestión teléfono > Axust.
segurid. > Teléfono e tarxeta SIM > Bloqueo teléfono remoto > Activado.
Toque no campo de entrada de texto para inserir o contido da mensaxe de texto
(entre 5 e 20 caracteres), seleccione e comprobe a mensaxe. Introduza o código
de bloqueo.