Servizo de correo electrónico
O servizo de correo electrónico do seu dispositivo Nokia transfire automaticamente
correo electrónico do seu enderezo de correo electrónico existente ao seu
dispositivo. É posible ler, responder e organizar o correo electrónico desde calquera
lugar. O servizo funciona cun número determinado de fornecedores de correo
electrónico da Internet que se empregan con frecuencia para o correo electrónico
persoal. É posible que se apliquen tarifas de transferencia de datos ao utilizar o
servizo. Para obter máis información sobre os posibles custos, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos
Configurar o correo electrónico no dispositivo Nokia
1. Seleccione Menú > Aplicacións > Asist. axust..
2. Cando abra o asistente de axustes por primeira vez, pediráselle que defina os
axustes de correo electrónico despois de efectuar os axustes do fornecedor de
servizos. Se empregou o asistente de axustes anteriormente, seleccione Config.
correo.
3. Acepte os termos e condicións para activar o servizo de correo electrónico.
Para obter máis información, consulte a páxina nokia.com/messaging.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
55