Nokia 5233 - Iniciar un chat

background image

Iniciar un chat

Seleccione Menú > Aplicacións > Conversa.
1. Seleccione o servizo ou servizos que desexe utilizar para chatear e, a

continuación, seleccione Continuar.
Pode iniciar sesión e conversar en varios servizos ao mesmo tempo. Cómpre

iniciar sesión por separado en cada servizo.

2. Na súa lista de contactos, seleccione o contacto co que desexa chatear.

É posible manter conversas con varios contactos ao mesmo tempo.

Mensaxería

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

63

background image

Obter máis información — Seleccione a icona de opcións e a opción axeitada.

8. Personalización do dispositivo

É posible personalizar o seu teléfono cambiándolle a pantalla de inicio, os tons e os

temas.

Cambio do aspecto do dispositivo

Seleccione Menú > Axustes e Persoal > Temas.
É posible empregar temas para cambiar o aspecto da pantalla, como o fondo e o

deseño do menú.
Para cambiar o tema utilizado para todas as aplicacións do dispositivo, seleccione

Xeral. Para ver unha vista previa dun tema antes de activalo, desprácese ata el e

espere uns segundos. Para activar o tema, seleccione Opcións > Fixar. O tema

activo indícase mediante .
Para cambiar o deseño do menú principal, seleccione Menú.
Para cambiar o aspecto da pantalla de inicio, seleccione Tema da p. Inicio.
Se desexa ver unha imaxe de fondo ou unha presentación de diapositivas de imaxes

como fondo na pantalla de inicio, seleccione Fondo > Imaxe ou Present.

diapositivas.
Para cambiar a imaxe que se amosa na pantalla de inicio cando se recibe unha

chamada, seleccione Imaxe chamada.

Perfís

Seleccione Menú > Axustes e Persoal > Perfís.
Pode utilizar perfís para axustar e personalizar os tons de chamada, os tons de aviso

de mensaxes e outros tons para eventos, ambientes ou grupos de chamada

diferentes. Amósase o nome do perfil seleccionado na parte superior da pantalla de

inicio. Se se está a empregar o perfil Xeral, só se amosa a data.