
Mensaxes multimedia
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Pode recibir unha notificación de que unha mensaxe multimedia está agardando
no centro de mensaxes multimedia. Para iniciar unha conexión de paquetes de
datos para recuperar a mensaxe no dispositivo, seleccione Opcións > Recuperar.
Cando abra unha mensaxe multimedia ( ), poderá ver unha imaxe e unha
mensaxe. amósase se se inclúe son ou se se inclúe vídeo. Para reproducir o
son ou o vídeo, seleccione o indicador.
Para ver os obxectos multimedia que se incluíron na mensaxe multimedia,
seleccione Opcións > Obxectos.
Se a mensaxe inclúe unha presentación multimedia, amósase . Para reproducir
a presentación, seleccione o indicador.