
Datos, axustes e mensaxes de servizo web
O dispositivo pode recibir moitas clases de mensaxes que conteñen datos, como
tarxetas de visita, tons de chamada, logotipos do operador, entradas de axenda e
notificacións de correo electrónico. Tamén pode recibir axustes do seu fornecedor
de servizos nunha mensaxe de configuración.
Para gardar os datos da mensaxe, seleccione Opcións e a opción correspondente.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
54

As mensaxes do servizo web son notificacións (por exemplo, titulares de noticias)
e poden conter unha mensaxe de texto ou unha ligazón. Para consultar a
dispoñibilidade e a subscrición, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.