Listas de reprodución
Seleccione Menú > Música > Rep. música e Listas reproduc..
Música
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
66
Para ver detalles da lista de reprodución, seleccione Opcións > Detalles lista
reprod.
Creación dunha lista de reprodución
1. Seleccione Opcións > Nova lista reprodución.
2. Insira un nome para a lista de reprodución e seleccione Aceptar.
3. Para engadir cancións agora, seleccione Si; para engadir as cancións máis tarde,
seleccione Non.
4. Se selecciona Si, seleccione artistas para buscar as cancións que desexe engadir
á lista de reprodución. Seleccione Engadir para engadir elementos.
Para amosar a lista de cancións dun título de artista, seleccione Expandir. Para
ocultar a lista de cancións, seleccione Contraer.
5. Unha vez feitas as súas seleccións, seleccione Feito.
Se se insire unha tarxeta de memoria compatible, a lista de reprodución
gardarase na tarxeta de memoria.
Para engadir máis cancións máis tarde, cando vexa a lista de reprodución,
seleccione Opcións > Engadir cancións.
Para engadir cancións, álbums, artistas, xéneros e compositores a unha lista de
reprodución desde vistas diferentes do menú de música, seleccione un elemento e
Opcións > Engadir á lista reprod. > Gardada lista reprod. ou Nova lista
reprodución.
Para eliminar unha canción dunha lista de reprodución, seleccione Opcións >
Eliminar. Isto non elimina a canción do dispositivo; só a elimina da lista de
reprodución.
Para volver ordenar cancións nunha lista de reprodución, seleccione a canción que
desexe mover e Opcións > Reord. lista de pistas. Mova a canción ata a posición
desexada e seleccione Soltar. Para mover outra canción, seleccione a canción e
Agarrar, mova a canción á posición desexada e seleccione Soltar. Para rematar co
reordenamento da lista de reprodución, seleccione Feito.
Música
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
67