Subscribirse a unha fonte web
Non ten que visitar os seus sitios web favoritos regularmente para saber se
dispoñen de contidos novos. Pode subscribirse as fontes web e obter ligazóns aos
contidos máis recentes automaticamente.
Seleccione Menú > Internet > Web.
As fontes web das páxinas web indícanse normalmente mediante
. Utilízanse
para compartir, por exemplo, os titulares de novas ou entradas de blogs máis
recentes.
Diríxase a un blog ou páxina web que conteña unha fonte web e seleccione >
e a fonte desexada.
Internet
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
86
Actualizar unha fonte — Na vista de fontes web, manteña seleccionada a fonte
e, no menú emerxente, seleccione Actualizar.
Axustar unha fonte para actualizar automaticamente — Na vista de fontes
web, manteña seleccionada a fonte e, no menú emerxente, seleccione Editar >
Actualizacións auto..
14. Conectividade
O teléfono fornece diversas opcións de conexión á Internet, a outro dispositivo
compatible ou a un ordenador.
Conexións de datos e puntos de acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de datos (servizo de rede), como
GPRS, na rede GSM.
Para establecer unha conexión de datos, requírese un punto de acceso. É posible
definir diferentes clases de puntos de acceso, como os seguintes:
● Punto de acceso de MMS para enviar e recibir mensaxes multimedia
● Punto de acceso á Internet (IAP) para enviar e recibir correos electrónicos e
conectarse á Internet
Comprobe o tipo de punto de acceso que necesita co seu fornecedor de servizos
para o servizo ó que desexa acceder. Para consultar a dispoñibilidade e a subscrición
ós servizos de conexión de datos do paquete, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.
Axustes de rede
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Rede.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Selección de operador — Seleccione Automática para axustar o dispositivo
para buscar e seleccionar unha das redes dispoñibles ou Manual para seleccionar
manualmente a rede dunha lista. Se se perde a conexión á rede seleccionada