Coidado do dispositivo
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía superiores e debe
ser tratado con coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a
cobertura da garantía.
● Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de
líquidos poden conter minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde
a que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.
● Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que
poderían producirse danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes
electrónicos.
● Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas ou reducidas. As temperaturas
elevadas poden reducir a vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías
e deformar ou derreter determinados plásticos. Cando o dispositivo regrese á
súa temperatura normal dunha temperatura reducida, é posible que se forme
humidade no interior do mesmo e que se produzan danos nas placas dos circuítos
electrónicos.
● Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía.
Información do produto e de seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
127
● Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir
a rotura das placas dos circuítos e do mecanismo interno.
● Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo. Utilice só un pano seco, suave e limpo
para limpar a superficie do dispositivo.
● Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
● Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo
fabricante. A utilización de antenas, modificacións ou accesorios non autorizados
pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de dispositivos
de radio.
● Utilice os cargadores en lugares interiores.
● Cree unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, como os contactos
e as notas do calendario.
● Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo,
apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao cargador ou a
calquera accesorio.