Organización de imaxes e vídeos
Seleccione Menú > Galería.
Seleccione Imaxes e vídeos > Opcións e escolla entre as seguintes opcións:
● Opcións de carpeta — Para mover ficheiros a cartafoles, seleccione Mover á
carpeta. Para crear un cartafol novo, seleccione Nova carpeta.
● Organizar — Para copiar ficheiros a cartafoles, seleccione Copiar. Para mover
ficheiros a cartafoles, seleccione Mover.
● Ver por — Permite ver ficheiros pola súa data, título ou tamaño.
12. Centro de vídeo de Nokia
Co Centro de vídeo Nokia (servizo de rede), pode descargar e transmitir por
secuencias videoclips mediante unha conexión polo aire desde servizos de vídeo da
Internet compatibles utilizando unha conexión de paquetes de datos. Tamén pode
transferir videoclips dende un ordenador compatible ao seu dispositivo e
visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de datos para descargar vídeos pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter
información acerca das tarifas de transmisión de datos.
É posible que o seu dispositivo dispoña de servizos predefinidos.
Os fornecedores de servizos poden fornecer contidos gratis ou cobrar unha taxa.
Comprobe o prezo no servizo ou co fornecedor do servizo.
Ver e descargar videoclips
Conectarse aos servizos de vídeo
1. Seleccione Menú > Aplicacións > Centro víd..
2. Para conectarse a un servizo para instalar servizos de vídeo, seleccione Engadir
novos servizos e o servizo de vídeo desexado no catálogo de servizos.