Entrada de texto preditivo
Coa entrada de texto preditivo, para inserir unha palabra, seleccione unha tecla
numérica para cada letra da palabra. A entrada de texto preditivo baséase nun
dicionario incorporado ao que se poden engadir palabras novas. A entrada de texto
preditivo non está dispoñible en todos os idiomas.
1. Para activar a entrada de texto preditivo para tódolos editores do dispositivo,
seleccione
>
Activar predición.
Escribir texto
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
45
2. Escribir unha palabra. Por exemplo, para escribir "Nokia" cando se atopa
seleccionado o dicionario inglés, seleccione 6 para inserir o N, 6 para o o, 5 para
o k, 4 para o i, e 2 para o a.
A suxestión da palabra cambia despois de cada selección de tecla.
3. Se a palabra non é correcta, seleccione * varias veces ata que se amose a
coincidencia correcta. Se a palabra non está no dicionario, seleccione
Soletrear, introduza a palabra mediante o modo de entrada de texto tradicional
e seleccione Aceptar.
Se se amosa ? despois da palabra, significa que a palabra non está no dicionario.
Para engadir unha palabra ao dicionario, seleccione *, introduza a palabra
mediante o modo de entrada de texto tradicional e seleccione Aceptar.
4. Para inserir un signo de puntuación, seleccione *.
5. Para inserir un espazo, seleccione 0.