Axustes de entrada táctil
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Entrada toque.
Para modificar os axustes de inserción de texto da pantalla táctil, seleccione unha
das opcións seguintes:
● Práctica escritura manual — Permite abrir a aplicación de práctica de escritura
manual. Faga que o dispositivo aprenda a recoñecer mellor a súa escritura
manual. Esta opción non se atopa dispoñible en todos os idiomas.
● Idioma de escritura — Permite definir os caracteres específicos do idioma que
se recoñecen na súa escritura manual e a disposición do teclado virtual.
● Velocidade de escritura — Permite seleccionar a velocidade de escritura.
● Liña de guía — Permite amosar ou ocultar a liña de guía na zona de escritura.
Esta liña de guía axudarao a escribir en liña recta e fará que sexa máis doado
para o dispositivo recoñecer a súa escritura manual.
● Ancho do rastro do lapis — Permite seleccionar o grosor do texto escrito co
estilete.
● Cor de escritura — Permite seleccionar a cor do texto escrito co estilete.
● Busca adaptable — Activar unha busca adaptiva.
Escribir texto
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
46
● Calibración pantalla táctil — Permite calibrar a pantalla táctil.
6. Contactos
Pode gardar e actualizar a información de contacto, como números de teléfono,
enderezos postais ou enderezos de correo electrónico dos seus contactos. Pode
engadir un ton de chamada persoal ou unha miniatura a un contacto. Ademais,
tamén pode crear grupos de contacto, o que lle permite enviar mensaxes de texto
ou correos electrónicos a varios destinatarios á vez.
Para abrir a lista de contactos, na pantalla de inicio, en función do tema da pantalla
de inicio, seleccione Axenda ou .
Gardar e editar nomes e números
1. Para engadir un novo contacto á lista, seleccione .
2. Toque nun campo para introducir a información. Para pechar a introdución de
texto, seleccione . Encha os campos que desexe e seleccione Feito.
Para editar un contacto, seleccióneo seguido de Opcións > Editar.
Barra de ferramentas de contactos
Na barra de ferramentas da lista de contactos, seleccione unha das seguintes
opcións:
●
Chamar — Permite chamar ao contacto desexado.
●
Crear mensaxe — Permite enviar unha mensaxe ao contacto desexado.
●
Novo contacto — Permite crear un novo contacto.
Xestión de nomes e números
Para copiar ou eliminar un contacto, ou para envialo como unha tarxeta de visita a
outro dispositivo, manteña seleccionado un contacto e seleccione Copiar, Borrar
ou Enviar tarxeta visita.