Puntos de acceso de paquete de datos
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Destinos > Punto de acceso e
siga as instrucións da pantalla.
Para editar un punto de acceso de paquete de datos, abra un dos grupos de punto
de acceso e seleccione o punto de acceso que se atope marcado con
.
Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
89
● Nome punto de acceso — O nome do punto de acceso obtense do fornecedor
de servizos.
● Nome de usuario — É posible que se necesite o nome de usuario para realizar
unha conexión de datos. Este nome de usuario obtense normalmente do
fornecedor de servizos.
● Petición contrasinal — Se cómpre inserir o contrasinal cada vez que se inicia
sesión nun servidor ou se non desexa gardar o contrasinal no dispositivo,
seleccione Si.
● Contrasinal — É posible que se necesite un contrasinal para realizar unha
conexión de datos. Este contrasinal obtense normalmente do fornecedor de
servizos.
● Autenticación — Seleccione Segura para enviar sempre o seu contrasinal
codificado ou Normal para enviar o contrasinal codificado cando sexa posible.
● Páxina de inicio — Dependendo do punto de acceso que configure, insira o
enderezo web ou o enderezo do centro de mensaxes multimedia.
● Usar punto de acceso — Seleccione Tras confirmación se desexa que o
dispositivo lle pida confirmación antes de que se cree a conexión que emprega
este punto de acceso ou Automaticamente se desexa que o dispositivo se
conecte ao destino por medio dun punto de acceso de xeito automático.
Seleccione Opcións > Axustes avanzados e unha das seguintes opcións:
● Tipo de rede — Permite seleccionar o tipo de protocolo da Internet que desexa
utilizar para transferir datos desde e para o dispositivo. O resto de axustes
dependerán do tipo de rede seleccionado.
● Enderezo IP teléfono (só para IPv4): — Permite inserir o enderezo IP do
dispositivo.
● Enderezos DNS — Permite inserir os enderezos IP dos servidores DNS primario
e secundario, se o require o seu fornecedor de servizos. Para obter estes
enderezos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos da Internet.
● Enderezo servidor proxy — Insira o enderezo do servidor proxy.
● Nº de porto proxy — Permite inserir o número de porto do servidor proxy.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
90