Modo de SIM remota
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Bluetooth.
Para poder activar o modo de SIM remota, cómpre que os dous dispositivos estean
vinculados e que a vinculación se inicie desde o outro dispositivo. Na vinculación,
utilice un código de 16 díxitos e axuste o outro dispositivo como autorizado.
Para utilizar o modo de SIM remota cun accesorio de kit de automóbil compatible,
active a conectividade Bluetooth e permita a utilización do modo de SIM remota co
teléfono. Active o modo de SIM remota desde o outro dispositivo.
Cando o modo de SIM remota está activado no teléfono, amósase Modo SIM remota
na pantalla de inicio. A conexión coa rede sen fíos desactívase, tal e como se amosa
mediante na zona do indicador de potencia do sinal, e non se poden utilizar os
servizos da tarxeta SIM nin as funcións que requiren cobertura de rede móbil.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir
chamadas. O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada, excepto aos
números de emerxencia programados no dispositivo, cando se atope en modo de
SIM remota. Para efectuar chamadas desde o dispositivo, primeiro cómpre
abandonar o modo de SIM remota. Se o dispositivo está bloqueado, insira o código
de bloqueo para desbloquealo.
Para abandonar o modo de SIM remota, prema a tecla de acendido e seleccione Saír
modo SIM remoto.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
96