Envío de datos mediante Bluetooth
Pódense activar varias conexións Bluetooth ao mesmo tempo. Por exemplo, se está
conectado a uns auriculares compatibles, pode transferir ficheiros a outro
dispositivo compatible ao mesmo tempo.
1. Abra a aplicación na que se atope almacenado o elemento que desexa enviar.
2. Toque nun elemento e seleccione Opcións > Enviar > Por Bluetooth.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
93
Amosaranse os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth que se atopen
dentro do seu alcance. As iconas dos dispositivos son as seguintes:
ordenador
teléfono
dispositivo de vídeo ou de son
outros dispositivos
Para interromper a busca, seleccione Deter.
3. Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.
4. Se o outro dispositivo realiza unha petición de vinculación para poder transferir
os datos, escóitase un son e solicítase inserir un código. Cómpre introducir o
mesmo código nos dous dispositivos.
Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe Enviando datos.
Consello: Cando se realiza a busca dos dispositivos, é posible que algúns só
amosen o enderezo único (enderezo do dispositivo). Para atopar o enderezo
único do teléfono, insira *#2820#.