Nokia 5233 - Acerca da conectividade Bluetooth

background image

Acerca da conectividade Bluetooth

Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha conexión sen fíos a outros

dispositivos compatibles, como dispositivos móbiles, ordenadores, auriculares ou

kits de vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar imaxes, videoclips, clips de son e notas,

transferir ficheiros desde o seu ordenador compatible e imprimir imaxes cunha

impresora compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican

mediante ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non

obstante, cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda

que a conexión pode sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a

outros dispositivos electrónicos.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os

seguintes perfís: distribución de son avanzada, control remoto de son e vídeo,

tratamento básico de imaxes, identificación de dispositivos, conexión á rede por

liña conmutada, transferencia de ficheiros, distribución de son e vídeo xenérica,

mans libres, auriculares, envío de obxectos, acceso ao caderno de teléfonos e acceso

á SIM e transmisión de audio estéreo . Para asegurar a interoperabilidade con outros

dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia

homologados para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros

dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e

reducen a duración da batería.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con

dispositivos autorizados.