Axustes de paquetes de datos
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Axustes admin. > Paquetes
datos.
Os axustes do paquete de datos afectan a todos os puntos de acceso que empregan
unha conexión de paquete de datos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Conexión paquetes datos — Se selecciona Se está dispoñible e se atopa
nunha rede que admite paquetes de datos, o dispositivo rexistrarase na rede do
paquete de datos. O inicio dunha conexión de paquete de datos activa (por
exemplo, para enviar e recibir correos electrónicos) faise de xeito máis rápido
que se o dispositivo establece unha conexión de paquete de datos cando a
precisa. Se non hai cobertura de paquetes de datos, o dispositivo intenta
establecer de forma periódica unha conexión de paquete de datos. Se selecciona
Se cómpre, o dispositivo utilizará unha conexión de paquete de datos só se inicia
unha aplicación ou acción que a necesita.
● Punto de acceso — O nome do punto de acceso é necesario para utilizar o
dispositivo como un módem de paquete de datos para un ordenador compatible.
15. Buscar
Verbo da busca
Seleccione Menú > Internet > Procura.
Buscar (servizo de rede) permítelle empregar distintos servizos de busca baseados
na Internet para atopar, por exemplo, sitios web e imaxes. O contido e a
dispoñibilidade dos servizos pode variar.
Inicio de buscas
Seleccione Menú > Internet > Procura.
Para buscar os contidos do seu dispositivo móbil, insira termos de busca no campo
de busca ou navegue polas categorías do contido. Mentres insire os termos de busca,