Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
81
Ver un videoclip
Para buscar o contido de servizos de vídeo instalados, seleccione Fontes de
vídeo.
O contido dalgúns servizos de vídeo está dividido en categorías. Para examinar
videoclips, seleccione unha categoría.
Para buscar un videoclip no servizo, seleccione Busca de vídeos. É posible que a
busca non estea dispoñible en tódolos servizos.
Algúns clips de vídeo pódense transmitir por secuencias mediante unha conexión
polo aire, pero outros cómpre descargalos primeiro ao dispositivo. Para descargar
un videoclip, seleccione Opcións > Descargar. As descargas continúan en segundo
plano se sae da aplicación. Os videoclips descargados gárdanse en Os meus vídeos.
Para transmitir por secuencias un videoclip ou para ver un descargado, seleccione
Opcións > Reproducir. Cando a reprodución do videoclip está en marcha, puntee
na pantalla para usar as teclas de control para controlar o reprodutor. Para axustar
o volume, use a tecla de volume.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa
capacidade auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado.
Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:
● Proseguir descarga — Continuar unha descarga en pausa ou con erros.
● Cancelar descarga — Cancelar unha descarga.
● Vista previa — Ver unha vista previa dun videoclip. Esta opción está dispoñible
se a admite o servizo.
● Detalles da fonte — Ver información sobre un videoclip.
● Actualizar lista — Actualice a lista de videoclips.
● Abrir enlace no explor. — Abrir un enlace no navegador web.
Programar descargas
A configuración da aplicación para descargar videoclips automaticamente pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu
Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
82
fornecedor de servizos. Para obter información verbo das tarifas de transmisión de
datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos. Para programar unha
descarga automática de videoclips nun servizo, seleccione Opcións > Programar
descargas. O Video centre descarga automaticamente videoclips novos
diariamente á hora que estableza.
Para cancelar descargas programadas, seleccione Descarga manual como o
método de descarga.