Axustes do Centro de vídeo
Na vista principal do Centro de vídeo, seleccione Opcións > Axustes e unha das
seguintes opcións:
● Selección do serviz. víd. — Seleccione os servizos de vídeo que desexa que
aparezan no Centro de vídeo. Tamén pode engadir, eliminar, editar e ver os
detalles dun servizo de vídeo. Non é posible editar servizos de vídeo
preinstalados.
● Axustes da conexión — Para definir o destino de rede empregado para a
conexión de rede, seleccione Conexión de rede. Para seleccionar manualmente
Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
84
a conexión cada vez que o Centro de vídeo abre unha conexión de rede,
seleccione Preguntar sempre.
Para activar ou desactivar a conexión GPRS, seleccione Confirmar uso de GPRS.
Para activar ou desactivar a itinerancia, seleccione Permitir itinerancia.
● Control de idade — Permite establecer un límite de idade para os vídeos. O
contrasinal requirido é o mesmo que o código de bloqueo do dispositivo. O
código de bloqueo predeterminado é 12345. Nos servizos de vídeo baixo
petición, ocúltanse os vídeos que teñan un límite de idade igual ou superior ao
que estableza.
● Memoria preferida — Permite seleccionar se desexa que os vídeos descargados
se garden na memoria do dispositivo ou nunha tarxeta de memoria compatible.
● Miniaturas — Permite seleccionar se desexa que se descarguen e vexan imaxes
en miniatura nas fontes de vídeo.
13. Internet
Acerca do navegador web
Seleccione Menú > Internet > Web.
Mantéñase informado e visite os seus sitios web favoritos. Pode usar o navegador
web do seu dispositivo para ver páxinas web na Internet.
Para navegar pola web cómpre dispoñer dun punto de acceso á Internet
configurado no seu dispositivo e estar conectado a unha rede.
Navegar pola web
Seleccione Menú > Internet > Web.
Ir a un sitio web — Seleccione a barra de enderezo web, insira o enderezo e
seleccione .