
Axustes dos accesorios
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Accesorios.
Algúns conectores de accesorios indican o tipo de accesorio que está conectado ao
dispositivo.
Seleccione un dos seguintes accesorios:
● Perfil predeterminado — Permite establecer o perfil que desexa activar cada
vez que conecta un accesorio compatible determinado ao dispositivo.
● Resposta automática — Permite seleccionar se desexa que o dispositivo
responda ás chamadas entrantes automaticamente despois de 5 segundos. Se
se axusta o tipo de ton en Un bip ou en Silencio, deshabilítase a resposta
automática.
● Iluminación — Permite establecer se desexa que as luces continúen acendidas
despois do tempo de espera.
Os axustes dispoñibles dependen do tipo de accesorio.