Xestión de certificados
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Xestión teléfono > Axust.
segurid. > Xestión de certificados.
Os certificados dixitais deben utilizarse para conectarse a bancos en liña ou outros
sitios ou servidores remotos para realizar accións que implican a transferencia de
información confidencial. Tamén deben empregarse para reducir o risco de ser
infectado por virus ou demais software malintencionado e asegurarse da
autenticidade dun software cando o descargue e instale.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Certificados autoridade — Permite ver e editar os certificados de autoridade.
● Certificados sitio seguro — Permite ver e editar os certificados dos sitios
fiables.
● Certificados persoais — Permite ver e editar os certificados persoais.
● Certificados do teléfono — Permite ver e editar os certificados do dispositivo.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse para verificar a orixe
do software.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
114
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre
utilizalos correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia
dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado
debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar
a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Visualización de detalles dos certificados: comprobación da súa
autenticidade
Só se pode estar seguro da correcta identidade dun servidor se se comproba a
sinatura e o período de validez dun certificado de servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón do certificado de
seguridade correcto no teléfono, recibirá unha notificación.
Para comprobar os detalles dun certificado, seleccione Opcións > Detalles do
certificado. Compróbase a validez do certificado e é posible que se visualice unha
das seguintes notas:
● Certificado non fiable — Non axustou ningunha aplicación para usar o
certificado.
● Certificado caducado — O período de validez do certificado finalizou.
● Certificado aínda non válido — O período de validez do certificado aínda non
comezou.
● Certificado corrupto — O certificado non se pode usar. Póñase en contacto co
emisor do certificado.
Cambie os axustes de fiabilidade
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o
propietario do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
115
Para cambiar os axustes dun certificado de autoridade, seleccione Opcións >
Axustes fiabilidade. Dependendo do certificado, amósase unha lista das
aplicacións que poden usar o certificado seleccionado. Por exemplo:
● Instalación Symbian: Si — O certificado é quen de certificar a orixe dunha nova
aplicación do sistema operativo Symbian.
● Internet: Si — O certificado é quen de certificar servidores.
● Instalación aplics.: Si — O certificado é quen de certificar a orixe dunha
aplicación Java nova.
Para cambiar o valor, seleccione Opcións > Edit. axustes fiabilidade.