Teléfono e SIM
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Xestión teléfono > Axust.
segurid. > Teléfono e tarxeta SIM.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Petición de código PIN — Cando esta opción está activa, solicítase o código
cada vez que se acende o dispositivo. É posible que algunhas tarxetas SIM non
admitan a desactivación da solicitude do código PIN.
● Código PIN eCódigo PIN2 — Permite cambiar o código PIN e PIN2. Estes códigos
só poden incluír números. Evite o uso de códigos de acceso similares aos números
de emerxencia para evitar unha marcación accidental do número de emerxencia.
Se esquece o código PIN ou o PIN2, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos. Se esquece o código de bloqueo, póñase en contacto cun punto de
atención Nokia Care ou co seu fornecedor de servizos.
● Código de bloqueo — O código de bloqueo utilízase para desbloquear o
dispositivo. Para evitar o uso non autorizado do dispositivo, modifique o código
de bloqueo. O código preestablecido é 12345. O código novo pode conter entre
4 e 255 caracteres de lonxitude. Poden utilizarse caracteres alfanuméricos en
maiúsculas e minúsculas. O dispositivo notifícalle se o código de bloqueo non
está formatado axeitadamente. Manteña o novo código nun lugar secreto e lonxe
do dispositivo.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
113
● Tempo bloq. autom. tlf. — Para evitar o uso non autorizado, é posible axustar
o tempo de espera que desexa que transcorra para que o dispositivo se bloquee
automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se poden utilizar ata que se
introduce o código de bloqueo correcto. Para desactivar o bloqueo automático,
seleccione Ningún.
● Bloq. se cambia tarx. SIM — Permite axustar o dispositivo para que solicite o
código de bloqueo cando se insire unha tarxeta SIM descoñecida no dispositivo.
O dispositivo mantén unha lista de tarxetas SIM que se recoñecen como tarxetas
do titular.
● Bloqueo teléfono remoto — Permite activar ou desactivar o bloqueo remoto.
● Grupo usuarios pechado — Permite especificar un grupo de persoas aos que
pode chamar e que poden chamarlle (servizo de rede).
● Confirmar servizos SIM — Permite axustar o dispositivo para amosar mensaxes
de confirmación cando está a utilizar un servizo da tarxeta SIM (servizo de rede).