Axustes de chamada
Axustes de chamada
Mediante os axustes de chamada, é posible definir axustes de chamada específicos
no seu dispositivo.
Seleccione Menú > Axustes e Chamando > Chamada.
Seleccione entre as seguintes opcións:
● Enviar a miña identidade — Seleccione Si para amosar o seu número de
teléfono á persoa á que está a chamar. Para empregar o axuste acordado co
fornecedor de servizos, seleccione Fixar pola rede (servizo de rede).
● Chamada en espera — Permite axustar o teléfono para notificarlle as chamadas
entrantes mentres se atopa noutra chamada (servizo de rede) ou comprobar se
esta función está activada.
● Rexeitar chamada mens. — Permite enviar unha mensaxe de texto cando se
rexeite unha chamada na que se informará ao emisor da chamada de por que
non se puido responder a esta.
● Texto da mensaxe — Permite escribir a mensaxe de texto estándar que se
enviará ao rexeitar unha chamada.
● Rechamada automática — Permite configurar o dispositivo para que realice
un máximo de 10 intentos para conectar a chamada despois dun intento de
chamada sen éxito. Para deter a rechamada automática, prema a tecla Fin.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
118
● Amosar duración cham. — Permite amosar a duración dunha chamada
durante a mesma.
● Resumo tras chamada — Permite amosar a duración dunha chamada despois
de que finalice.
● Marcación rápida — Permite activar a marcación rápida.
● Calquera tecla responde — Permite activar a resposta mediante calquera tecla.
● Liña en uso — Este axuste (servizo de rede) só se amosa se a tarxeta SIM admite
dous números de subscritor, é dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione que liña
de teléfono desexa utilizar para facer chamadas ou enviar mensaxes de texto. As
chamadas de ámbalas dúas liñas poden responderse sen ter en conta a liña
seleccionada. Se selecciona Liña 2 e non se subscribiu a este servizo de rede, non
poderá realizar chamadas. Cando se selecciona a liña 2, na pantalla de inicio
aparece .
● Cambio de liña — Permite impedir a selección de liñas telefónicas (servizo de
rede), sempre que a tarxeta SIM admita esta opción. Para cambiar este axuste,
necesita o código PIN2.
As opcións dispoñibles poden variar.