Códigos de acceso
Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Axuda
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
11
● Código PIN (número de identificación persoal) — Este código protexe a súa
tarxeta SIM de usos non autorizados. O código PIN (de 4 a 8 díxitos) fornécese
normalmente xunto coa tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito incorrecto
tres veces consecutivas, o código bloquearase e necesitará o código PUK para
desbloquealo.
● Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos) fornécese xunto con algunhas
tarxetas SIM e requírese para acceder a algunhas funcións do dispositivo.
● Código de bloqueo (tamén chamado "código de seguridade") — O código de
bloqueo axúdalle a protexer o dispositivo contra o uso non autorizado. O código
predeterminado é 12345. Pode crear e cambiar o código e axustar o dispositivo
para solicitar o código. Garde o código novo nun lugar secreto e seguro lonxe do
dispositivo. Se esquece o código e o dispositivo se bloquea, requirirase asistencia
técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais e que se eliminen todos os
datos persoais do dispositivo. Para obter máis información, póñase en contacto
cun punto Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.
● Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e PUK2 — Estes códigos (8 díxitos)
requírense para modificar un código PIN ou PIN2 bloqueado, respectivamente.
Se os códigos non se fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co fornecedor
de servizos de rede ao que pertence a tarxeta SIM inserida no teléfono.
● Número de Identidade Internacional de Equipo Móbil (IMEI, International Mobile
Equipment Identity) — Este número (15 ou 17 díxitos) utilízase para identificar
dispositivos válidos na rede GSM. É posible bloquear o acceso á rede dos
dispositivos roubados. O número IMEI do seu dispositivo pode atoparse debaixo
da batería.